Neste curso os participantes aprenderán a dominar catro grandes plataformas de intelixencia artificial xenerativa — ChatGPT, Claude, Gemini e Microsoft Copilot — aplicadas ao ámbito profesional, tanto no sector público como no privado.
ChatGPT é a plataforma de OpenAI, referente mundial na IA xenerativa. Coa súa última versión GPT-5.4, destaca polo seu potente razoamento, a análise de datos e documentos, e a posibilidade de crear asistentes personalizados mediante os Custom GPTs.
Claude é o asistente de Anthropic, especialmente valorado para o traballo documental profundo. Con capacidade para procesar textos moi extensos e ferramentas como Cowork, permite automatizar tarefas directamente no escritorio do usuario de forma autónoma.
Gemini é a aposta de Google, integrada de xeito nativo en todo o ecosistema de Google Workspace. Destaca pola súa capacidade multimodal e por NotebookLM, unha ferramenta única para investigar e traballar con fontes verificables sen alucinacións.
Microsoft Copilot é a IA integrada no ecosistema Office 365, ideal para organizacións que xa traballan con Word, Excel, PowerPoint, Outlook ou Teams. Permite automatizar tarefas cotiás e crear axentes propios sen necesidade de programar.
Ao longo de oito módulos, o curso abrangue desde os fundamentos da IA e as técnicas avanzadas de prompting, ata o deseño e despregamento de axentes de IA e equipos multiaxente, pasando polo marco legal europeo (EU AI Act, RGPD) e os casos de uso reais en empresas e administracións.
Actividade financiada por:

- Teacher: Pedro José Hernández Muñoz
- Teacher: Doris Verdes

Davinci Resolve é un programa gratuíto e cada vez máis en uso por profesionais da industria, válido para calquera software de edición. DaVinci Resolve é a única solución do mercado que combina ferramentas profesionais para editar, etalonar, compor efectos visuais, crear animacións gráficas e mesturar audio nun só programa.
O curso estará divido en dous grupos, un primeiro grupo de 10 persoas e un segundo grupo de 20 persoas, no que a través de 20 horas de sesións online repartidas en 10 videoconferencias en directo, e 10 horas de traballo autónomo, o alumnado poderá adquirir as nocións básicas para poder empezar a crear proxectos de vídeo profesionais con esta ferramenta.
Actividade financiada por:

- Teacher: Xurxo Senra

Formación na aplicación de voto electrónico Sequent Online Voting para o persoal técnico e o persoal responsable dos procesos electorais nas universidades galegas.
Formación financiada por:

Davinci Resolve é un programa gratuíto e cada vez mais en uso polos profesionais da industria, válido para calquera software de edición. DaVinci Resolve é a única solución do mercado que combina ferramentas profesionais para editar, etalonar, compor efectos visuais, crear animacións gráficas e mesturar audio nun só programa.
O curso estará dividivo en dous grupos de 15 persoas cada un, no que através de 20 horas de sesións online repartidas en 10 videoconferencias en directo e 10 horas de traballo autónomo, o estudante poderá adquirir as nocións básicas para poder empezar a crear proxectos de vídeo profesionais con esta ferramenta.