O desenvolvemento de aplicacións en Java leva anos apoiándose en diferentes ferramentas para xestión e construción de proxectos e distintos frameworks para axudar no proceso de desenrolo, o mantemento y en toda a vida do proxecto.
Unha ferramenta, que leva destacando por encima do resto na última década, para a xestión e construción de proxectos é MAVEN. Neste curso plantearase un desde cero, comentando todas as oportunidades que nos ofrece esta ferramenta e o traballo con distintos repositorios de librerías, externo ou internos.
Un framework consolidado no mundo Java é Spring, que proporciona diferentes librerías para apoiar en todas as capas de desenrolo (vista, modelo, negocio, procesos de almacenado…). Inicialmente empezou como un inxector de dependencias, que permitía realizar a separación por capas do código dunha forma moito más sinxela, hoxe en día dan soporte a multitude de circunstancias distintas, ademais de engadir o traballo con outras librerías externas a Spring dunha forma fácil e sinxela como pode ser CXF, Apache Camel, etc. No curso tocaranse o uso de Spring en cada unha das capas do proxecto, así como a configuración deste.
A posta en marcha deste curso encádrase dentro das actividades que o Consorcio para o Desenvolvemento de Aplicacións Informáticas de Xestión Universitaria (CIXUG) está a desenvolver no eido do fomento do uso e divulgación do Software Libre no ámbito universitario en Galicia, apoiando a concreción das accións definidas dentro da Axenda Dixital de Galicia, e contando co cofinanciamento da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA).
Cofinanciado por:
- Profesor: Paulino Villar