Todas as peticións que recibe unha aplicación teñen que pasar por unha capa de recepción, onde se recolle toda a información desta (parámetros, formulario) antes de ser procesada. Durante o curso centrarémonos na implementación desta capa mediante a utilización de Spring MVC.
A posta en marcha deste curso encádrase dentro das actividades que o Consorcio para o Desenvolvemento de Aplicacións Informáticas de Xestión Universitaria (CIXUG) está a desenvolver no eido do fomento do uso e divulgación do Software Libre no ámbito universitario en Galicia, apoiando a concreción das accións definidas dentro da Axenda Dixital de Galicia, e contando co cofinanciamento da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA). Cofinanciado por:
- Profesor: Paulino Villar