Este curso trata sobre a capa de seguridade dunha aplicación e as diferentes formas que Spring Security nos proporciona para garantir a autenticación e autorización dun usuario e o acceso aos diferentes medios da aplicación.
A posta en marcha deste curso encádrase dentro das actividades que o Consorcio para o Desenvolvemento de Aplicacións Informáticas de Xestión Universitaria (CIXUG) está a desenvolver no eido do fomento do uso e divulgación do Software Libre no ámbito universitario en Galicia, apoiando a concreción das accións definidas dentro da Axenda Dixital de Galicia, e contando co cofinanciamento da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA).
Cofinanciado por:
- Profesor: Paulino Villar