Coa intención ante todo didáctica, a infografía naceu como un medio de transmitir información gráfica de forma máis dinámica, viva e imaxinativa, e así resumir e explicar figurativamente ideas e conceptos. A infografía aplícase principalmente en revistas, documentos, xornais, folletos, páxinas da internet, educación, libros, etc. O propósito é que os gráficos chamen a atención de quen os visualiza polas cores, imaxes ou deseños. Para a elaboración de infografías e outros deseños vectoriais, traballarase principalmente coa aplicación Inkscape. Esta ferramenta é un editor de gráficos vectoriais potente, cómoda e de código aberto, especialmente compatible cos estándares que se usan en Internet.

A posta en marcha deste curso encádrase dentro das actividades que o Consorcio para o Desenvolvemento de Aplicacións Informáticas de Xestión Universitaria (CIXUG) está a desenvolver no eido do fomento do uso e divulgación do Software Libre no ámbito universitario en Galicia.

Actividade financiada por:

Logo do CIXUG