
Blender é un programa informático multiplataforma, dedicado especialmente ao modelado, iluminación, renderizado, a animación e creación de grafos tridimensionais. Tamén de composición dixital utilizando a técnica procesal de nodos, edición de vídeo, escultura (inclúe topoloxía dinámica) e pintura dixital.
A posta en marcha deste curso encádrase dentro das actividades que o Consorcio para o Desenvolvemento de Aplicacións Informáticas de Xestión Universitaria (CIXUG) está a desenvolver no eido do fomento do uso e divulgación do Software Libre no ámbito universitario en Galicia.
Actividade financiada por:
- Profesor: Rafael Tenorio Aranguren