Neste curso aprenderase a redactar un documento científico en LaTeX dende cero, a través de exemplos prácticos que permitan coñecer dende os fundamentos máis básicos ata as opcións avanzadas desta linguaxe. LaTeX é un sistema de composición de textos, orientado á creación de documentos escritos que presenten unha alta calidade tipográfica. Polas súas características e posibilidades, é usado de forma especialmente intensa na escritura de artigos e libros científicos que inclúen, entre outros elementos, expresións matemáticas.

A posta en marcha deste curso encádrase dentro das actividades que o Consorcio para o Desenvolvemento de Aplicacións Informáticas de Xestión Universitaria (CIXUG) está a desenvolver no eido do fomento do uso e divulgación do Software Libre no ámbito universitario en Galicia.

Actividade financiada por:

Logo do CIXUG