Docker é un proxecto de código aberto que automatiza o despregamento de aplicacións dentro de contenedores de software, proporcionando unha capa adicional de abstracción e automatización de virtualización de aplicacións en múltiples sistemas operativos.
A tecnoloxía de contenedores, especialmente Docker, é fundamental para o persoal de TIC nunha empresa ou institución debido á súa capacidade para garantir que as aplicacións funcionen de forma consistente en calquera contorna, eliminando problemas de compatibilidade. Isto facilita a colaboración entre desenvolvemento e operacións, facendo o ciclo de vida do software máis áxil e eficiente. Ademais, os contenedores melloran a escalabilidade, flexibilidade e seguridade das infraestruturas tecnolóxicas, optimizando o uso dos recursos e permitindo responder rapidamente ás necesidades cambiantes. Aprender os fundamentos e o manexo de Docker é crucial para modernizar a xestión e despregue de aplicacións e estar á vangarda das mellores prácticas da industria.
Actividade financiada por:
- Profesor: Jairo Chapela