Para poder mellorar o dominio da folla de cálculo, é necesario afondar e ampliar os temas xa tratados no curso «Primeiros pasos con LibreOffice Calc». Coa vista posta neste obxectivo, este curso aborda conceptos como a xestión de estilos e a súa aplicación, ou un mellor dominio daquelas funcións de maior frecuencia de uso e que nos axudarán a mellorar os resultados diarios cando manexamos unha folla de cálculo como LibreOffice Calc.

A posta en marcha deste curso encádrase dentro das actividades que o Consorcio para o Desenvolvemento de Aplicacións Informáticas de Xestión Universitaria (CIXUG) está a desenvolver no eido do fomento do uso e divulgación do Software Libre no ámbito universitario en Galicia, apoiando a concreción das accións definidas dentro da Axenda Dixital de Galicia, e contando co cofinanciamento da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA).

Cofinanciado por:

logos_convenio