Curso preparatorio para a Certificación Profesional Junior de Linux (LPIC1). Está formado por un total de 38 temas que cobren os obxectivos dos exames 117-101 e 117-102, nos que están incluídos varios exercicios para poder realizar prácticas, así como preguntas semellantes ás dos exames da certificación.
A posta en marcha deste curso encádrase dentro das actividades que o Consorcio para o Desenvolvemento de Aplicacións Informáticas de Xestión Universitaria (CIXUG) está a desenvolver no eido do fomento do uso e divulgación do Software Libre no ámbito universitario en Galicia, apoiando a concreción das accións definidas dentro da Axenda Dixital de Galicia "Galicia 2014.gal", e contando co cofinanciamento da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA).
Cofinanciado por:
Este curso é aberto. Podes acceder libremente como convidado.