Trucos e boas prácticas á hora traballar e crear documentos ofimáticos para un entorno académico/universitario/profesional, e así conseguir elaborar documentos de calidade, con resultados profesionais, seguros, perdurables e de fácil modificación.
A posta en marcha deste curso encádrase dentro das actividades que o Consorcio para o Desenvolvemento de Aplicacións Informáticas de Xestión Universitaria (CIXUG) está a desenvolver no eido do fomento do uso e divulgación do Software Libre no ámbito universitario en Galicia, apoiando a concreción das accións definidas dentro da Axenda Dixital de Galicia "Plan de acción 2018 en materia de Software Libre", e contando co cofinanciamento da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA).
Cofinanciado por:
- Profesor: Óscar Fernández Carballo