A posta en marcha deste curso de "Iniciación a GNU Octave" encádrase dentro das actividades que o Consorcio para o Desenvolvemento de Aplicacións Informáticas de Xestión Universitaria (CIXUG) está a desenvolver no eido do fomento do uso e divulgación do Software Libre no ámbito universitario en Galicia, apoiando a concreción das accións definidas dentro da Axenda Dixital de Galicia "Plan de acción 2017 en materia de Software Libre", e contando co cofinanciamento da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA).

Este curso está dirixido a formar tanto ao persoal que habitualmente traballa con software de cálculo numérico privativo, como aos non iniciados no campo do cálculo numérico e no manexo de GNU Octave, software libre de referencia neste tipo de estudos.

Cofinanciado por:

Este curso é aberto. Podes acceder libremente como convidado.