Hai certos traballos dixitais que non se poden levar a cabo con procesadores de texto tradicionais se se queren obter resultados profesionais de publicacións como se poden ver nas revistas, periódicos ou libros comerciais. Para eses casos é necesario un software específico para autoedición e maquetación que faciliten e automaticen a composición, deseño e diagramación de páxinas. Pois Scribus fai posible a creación dunha gran variedade de documentos e formularios, así como a impresión en diferentes formatos, tanto para a publicación a gran escala, como para a distribución a menor escala.
A posta en marcha deste curso encádrase dentro das actividades que o Consorcio para o Desenvolvemento de Aplicacións Informáticas de Xestión Universitaria (CIXUG) está a desenvolver no eido do fomento do uso e divulgación do Software Libre no ámbito universitario en Galicia, apoiando a concreción das accións definidas dentro da Axenda Dixital de Galicia, e contando co cofinanciamento da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA).
Cofinanciado por:
- Profesor: Óscar Fernández Carballo