A posta en marcha deste Curso de Posgrao de Especialización en Orientación Laboral vai dirixido especificamente a todas aquelas persoas que están ou desexan traballar na mellora da empregabilidade e ocupabilidade da poboación galega parada ou que busca mellorar o seu posto de traballo, así como na mellora da competitividade do tecido produtivo galego na súa actividade diaria, tendo como alcance a impartición de catro de módulos nos que predominará o desenvolvemento práctico e contará cun contido metodolóxico teórico específico que se observa no ámbito da orientación laboral aberta, o novo modelo que neste ámbito está a impulsar a Consellería de Economía, Emprego e Industria no marco definido pola Carteira Común de Servizos do Sistema Nacional de Emprego, e en liña co previsto na Axenda 20 para o Emprego.

Cofinanciado por